jueves, 10 de abril de 2014

Xantar en Briòn

A Taberna Singular Filiberto: unha nova visión dunha casa de comidas en Brión


É curioso como as crises económicas fan conservador o padal, e conseguintemente, tamén as novas iniciativas gastronómicas. Grazas a Santi Pérez, hoxe descubrimos unha nova referencia na contorna de Santiago que é do máis interesante, por concepto e por felices resultados gastronómicos. É a Taberna Singular Filiberto, na carballeira de Santa Minia (Brión). A moitos composteláns soaralles a clasiquísima Casa Filiberto, unha emblemática e veterana Casa de comidas tradicional que deu de comer a moitos feirantes e camiñantes.


O que vemos agora é unha especie de “actualización” retro da Casa Filiberto. Víctor Pumatega Mayo, anteriormente cociñeiro na Moa (rúa de San Pedro), montou este novo proxecto co seu irmán (na barra), no que se respectou a distribución e o encanto tradicional desta casa de comidas. O resultado é o típico proxecto á vez vintage e moderno, algo hipster, que podemos atopar hoxe en moitas capitais europeas, só que adaptado á gastronomía e idiosincrasia galegas. Xenerosas tapas de balde por suposto cos viños, atención esmerada, detalles moi coidados e a sensación de que un entra nunha nova fase da gastronomía galega tradicional, na que a cociña confort das nosas avoas non está reñida cun servizo excelente, un pan impecable, con postres creativos, nos que se combina o tradicional coa innnovación, e cunha carta de viños variada, de calidade e prezos contidos. É dicir, unha gastronomía galega tradicional, nunha casa de comidas tradicional, cun novo concepto de atención ao cliente e de esixencia gastronómica.

O resultado está á vista. Filiberto está petado as fins de semana e dificilmente se poderá comer se non se fai reserva previa antes (981 88 70 08). As mesas dóblanse algunhas noites e o ambiente é unha curiosa mestura entre funcionarios/profesores/empresarios residentes no extrarradio compostelán e modernos que acuden ao reclamo da última tendencia da zona (xa saben que o moderno compostelanita quere selo en todo menos á hora de xantar, que é máis conservador que un frigorífico).



E de xantar que? Pois moi ben. Un taboleiro na parede sinala a carta, e os camareiros completan a información dando conta detallada da elaboración dos pratos. Nós optamos por ensalada de xurel en escabeche, uns callos e rabo de vaca guisado, para finalizar cun capuccino (tres sabores de chocolate en diferentes texturas). Cociña ben preparada, con receitas tradicionais pero toques de cociña profesional contemporánea, unha preocupación pola presentación que se agradece e un excelente sabor de boca. Sobre vinte euros por barba. Máis que recomendable. E oxalá moitas das tabernas

No hay comentarios:

Publicar un comentario