lunes, 14 de abril de 2014

Tapear en A Portela Redondela

 O TIMON DA PORTELA REDONDELA
Punta de Socorro, 8 - PORTELA - 36818 Redondela (PONTEVEDRA)
986 404 779 
 100_4382
Hoxe quero que visitedes en Punta Socorro, a tapería “O Timón”, onde os seus donos, Valle e Ramón, que a base de amabilidade e saber estar foron conquistando unha clientela fiel xa dende o 2001, ano en que abriron o público. Un dos seus obxectivos ao longo deste tempo foi a de conquistar o padal dos seus clientes, ofrecendo os seus mellores produtos, acompañándoos dunhas marabillosas vistas da nosa ría.
Entre a infinidade de tapas que posúen, destacaría a zorza, a tortilla de patacas, os pementos de padrón, mexillóns tigre, ensalada mariñeira, espetos de polo, orella e morro de porco. Se pola contra, o que nos apetece son pratos máis contundentes, non debedes deixar de probar a carne de boi á pedra, a tenreira galega, bacallau á brasa, churrasco de porco, polos pitos, coello á brasa, pescadiños e marisco da ría, segundo mercado, e cuns prezos adaptados a todos os petos.
En inverno, os domingos, tamén teñen cocido galego e filloas caseiras de sobremesa xunto con chupitos de licor café
En canto a súa adega destacaría os seus mais de 80 referencias, ademais, como adoita ser habitual, de viño País, Ribeiro, Albariño ou Barrantes.
Hai dous salóns grandes, decorados cun ambiente mariñeiro, pois o aforamento é para 160 persoas e no verán aumentan o espazo con tres terrazas. Non debedes pasar por alto que pecha os luns por descanso e o teléfono para reservas é o 986404779.

Unha visita A Portela merece a pena, un lugar fermoso tanto para veciños coma para forasteiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario