miércoles, 8 de julio de 2015

la librería libros para soñar

O ilustrador Ramón Trigo impartirá o obradoiro infantil "Como construir un libro"

Está dirixido a nenos a partir de seis anos e terá lugar no mes de xullo.


Cartel do curso, que Ramón Trigo impartirá o 6, 7 e 8 de xullo. Cartel do curso, que Ramón Trigo impartirá o 6, 7 e 8 de xullo.
O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un libro”. Realizarase en Libros para soñar os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, que leven preparada da casa.
Partindo de obras da súa autoría, como “O pirata Pata de Lata”, ilustrada por Ramón Trigo e publicada por Kalandraka, os nenos e nenas farán un achegamento ao proceso de creación dun libro impreso: a concreción dunha idea, a estrutura do relato, os bosquexos das ilustracións, a redacción da historia e o debuxo das imaxes que acompañan o texto. Ao remate do obradoiro, os nenos e nenas poderán levar o seu traballo encadernado, como se dun libro propio se tratara, para compartilo coa familia e cos amigos.
A actividade ten por obxectivo estimular a súa imaxinación, que se manteñan activos tamén durante as vacacións estivais, e que desenvolvan as súas habilidades literarias e plásticas, ao tempo que as nais e os pais teñen unha axuda para poder conciliar a vida laboral e familiar.
Ademais de autor e ilustrador, Ramón Trigo ten experiencia impartindo obradoiros para público infantil e adulto. De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística en xornais e revistas especializadas en banda deseñada. As súas primeiras obras pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias editoriais -algúns incluídos na selección The White Ravens- e realiza exposicións cos seus cadros e esculturas. Presentou a súa obra en países como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Entre as distincións que recibiu destacan o Premio Arte Xove Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alicante e Cabildo de Gran Canaria. O seu libro máis recente, “Leviatán”, publicado no selo Faktoría K, gañou o Premio Lazarillo 2012 e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2015 outorgado pola Asociación Galega de Editores.
O obradoiro ten un custe de 30 euros polos tres días e as prazas son limitadas. As inscricións pódense formalizar en Libros para soñar (rúa Triunfo 1, Vigo): por teléfono no número 986 43 37 68 ou por correo electrónico no enderezo lps@kalandraka.com.

martes, 7 de julio de 2015

viernes, 3 de julio de 2015

Comer en Carril

Restaurante Loliña. (Carril, Pontevedra)

 Loliña se sitúa en la pequeña localidad de Carril, pegada a Vilagarcía de Arosa, y conocida por las famosas almejas de Carril. Un restaurante familiar, con más de 60 años de historia, que ocupa una centenaria casa de piedra, en una zona donde antiguamente se encontraba la Aduana del puerto. Algunas de las especialidades de la casa son las vieiras gratinadas, la centolla de la Ría, los camarones cocidos, y, cómo no, las almejas de Carril en diversas preparaciones. Dejando a un lado el marisco, el rape "Loliña" es fabuloso, imperdonable no incluirlo en la comanda.

loliña