jueves, 30 de octubre de 2014

Micoloxia Ponte Lubian Coristanco

http://www.quepasanacosta.com/?p=36974

Ponte Lubián prepara as súas sétimas Xornadas Micolóxicas


Xornadas Micoloxicas EFA Fonteboa
Xornadas Micoloxicas no EFA Fonteboa
Para a primeira fin de semana de novembro teremos cita coas Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee. Pero a última de outubro, xa abrimos a veda, pois ten lugar unha nova edición, xa van sete, das Xornadas Micolóxicas de Coristanco que artella a Asociación Ponte Lubián.
O venres 24, ás 8 da tarde na E.F.A. Fonteboa (en Feiranova s/n) contarán con Juan Carlos Lauroba que falará sobre a identificación de especies comestibles da nosa comarca. Tamén participará José Trigo introducindo aos asistentes ao cociñado e conservación dos cogomelos.
O sábado 25, haberá unha saída dende Fonteboa ás 10 da mañá para ir á busca de setas pola zona. Ás 13h. farase a selección das setas recollidas e, os que queiran, comerán en Fonteboa.
Para informarse e inscribirse: 639 630 152 (Andrés). Os prezos para participar nas xornadas son:
Adultos. Con xantar: 20 € (socios 10 €); Sen xantar: 10 € (socios 5 €). Nenos: 5

Xornadas Micoloxicas en Coristanco

A micoloxía está de moda

As saídas ao monte son cada vez máis frecuentes e máis numerosas

0 votos
Juan Carlos Lauroba foi un dos relatores da charla que se celebrou en Fonteboa. josé manuel casal
Medio centenar de persoas reuniron onte a asociación de veciños Ponche Lubián e a EFA Fonteboa para a saída ao campo que seguiu ás charlas celebradas na tarde do venres sobre a forma de recoñecer os cogomelos e o seu uso na cociña, seguidas tamén por moitos participantes. Tamén houbo percorrido, o segundo deste mes, organizado por Lumieira polos montes carballeses, tamén cunha notable presenza de participantes. Só nun ano o aumento de afeccionados conseguiu sorprender aos organizadores e os especialistas da zona xa non teñen ningún fin de semana libre, tal é a demanda.
O bo tempo de onte fixo que as saídas fosen máis agradables e case todos os que percorreron os montes volveron cos cestos cheos de diversas especies. En Coristanco estiveron nos montes de Cerqueirás, entre as parroquias de Erbecedo e Traba, onde atoparon gran cantidade de níscalos. No caso carballés o percorrido centrouse na zona costeira e tamén resultou un éxito.

 

A conservación é posible tanto no conxelador como na despensa

Os cogomelos, dixo, poden conxelarse. O segredo é cociñalas lixeiramente antes para eliminar parte da auga que teñen. Hai que saltearlas. Despois poden usarse para revoltos, cremas ou para acompañar guisos ou carnes.
Tamén se poden facer conservas ou incluso marmeladas. O procedemento é o habitual para estas preparacións.
Con todo, un dos mellores sistemas de conservación dos cogomelos é a deshidratación. En casa pode facerse no forno, pero agora tamén venden aparellos domésticos para facelo. Cando se vaia utilizar unicamente hai que rehidratarlas con auga.
José Trigo tamén deu a coñecer algunha receitas, pero sinalou que a mellor forma de degustar as de mellor calidade é simplemente feita á tixola.