O Camiño do Inglés: cociña saborosa e de mercado no Ferrol
O Camiño do Ingles
Na rúa San Francisco do Ferrol atópase O Camiño do Inglés (981352090), un interesantísimo local gastronómico que atopou unha interesante fórmula para facerse un oco na cidade, aínda que non é moi coñecido fóra do departamento. Daniel López, o cociñeiro, pasou antes polos fogóns de Casa Marcelo e Casa Pendás e iso nótase. E moito. Aquí a fórmula é a sinxeleza e a informalidade. Hai unicamente un taboleiro no que o cociñeiro escribe a diario con xis os pratos que se lle ocorren do mercado. Todo pensado como para racións para compartir, aínda que o taboleiro é abondo amplo como para poder escoller entre varias e diversas opcións ao facer un menú.
Chamoume ben a atención o servizo do viño. Non hai carta como tal. Digamos que o servizo é a propia barra e o que ten por riba. Botellas aliñadas que teñen posto o seu prezo con xis, e as permiten ter sempre unha visión “actualizada” dos viños que se ofrecen no Camiño do Inglés. Economía de guerrilla hosteleira, pero tamén un punto informal e orixinal que te fai sentir moi cómodo. O restaurante, por certo, fai un curioso xogo de conceptos entre o Camiño Inglés, que pasa pola porta do restaurante, e as orixes familiares de Daniel, cuxo pai estivo emigrado en Gran Bretaña.
Daniel preparounos unha selección de pratos do restaurante servidos en medias racións -cinco ou seis. Acompañámolo, creo, cun branco de Valdeorras. Pagamos polo asunto vinte e algo euros por cabeza, máis que satisfactorio por un excelente nivel de cociña: sabrosa, ben pensada e cunha gran paixón polo mercado. Un bo motivo para visitar Ferrol!
No hay comentarios:
Publicar un comentario