Ponte Lubián prepara as súas sétimas Xornadas Micolóxicas
Para a primeira fin de semana de novembro teremos cita coas Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte
en Cee. Pero a última de outubro, xa abrimos a veda, pois ten lugar
unha nova edición, xa van sete, das Xornadas Micolóxicas de Coristanco
que artella a Asociación Ponte Lubián.
O venres 24, ás 8 da tarde na E.F.A. Fonteboa (en Feiranova s/n) contarán con Juan Carlos Lauroba que falará sobre a identificación de especies comestibles da nosa comarca. Tamén participará José Trigo introducindo aos asistentes ao cociñado e conservación dos cogomelos.
O sábado 25, haberá unha saída dende Fonteboa ás 10 da mañá para ir á busca de setas pola zona. Ás 13h. farase a selección das setas recollidas e, os que queiran, comerán en Fonteboa.
Para informarse e inscribirse: 639 630 152 (Andrés). Os prezos para participar nas xornadas son:
Adultos. Con xantar: 20 € (socios 10 €); Sen xantar: 10 € (socios 5 €). Nenos: 5